Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA

Liña de actuación 01

MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E DOS SERVIZOS PÚBLICOS A TRAVÉS DAS TIC

NECESIDADES

Esta liña de actuación busca a implantación da Administración electrónica, establecendo as ferramentas necesarias para garantir que a vía electrónica sexa a vía xeral de relación entre o cidadán e a Administración do concello de Lalín. Para iso, actuamos transversalmente para:

OBXECTIVOS

Esta liña de actuación promove a integración das TIC na mellora da prestación dos servizos públicos e na relación coa cidadanía para conseguir:

  • Achegar os servizos públicos ás demandas reais da cidadanía, mediante a mellora da sede electrónica e a posta en marcha doutras ferramentas que faciliten a interacción electrónica entre cidadáns e empresas coa Administración Local.
  • Mellora da eficacia e da eficiencia dos procesos de traballo internos e tamén da súa seguridade, mediante a dotación de ferramentas como portasinaturas ou tarxetas criptográficas.
  • Optimización na utilización dos recursos públicos para a planificación, xestión e avaliación de resultados.
  • Implantar ferramentas multicanle (quioscos electrónicos) que faciliten os trámites que os cidadáns realizan ante a Administración, así como a súa transparencia, mellorando o acceso á información administrativa.

RESULTADOS

  • Simplificación dos procesos administrativos.

  • Aumento da eficiencia na xestión administrativa.

  • Mellora da transparencia, da accesibilidade e da proximidade da Administración coa cidadanía de Lalín.

  • Mellora da axilidade nos procedementos de tramitación.

Datos

inversión total
67.922,82 €
0%
FEDER
54.338,26 €
0%
concello
13.584,56 €
0%

NOTICIAS

O CONCELLO DE LALÍN MODERNIZA OS SEUS SERVIZOS ELECTRÓNICOS A TRAVÉS DAS TICS PARA FACILITAR AOS VECIÑOS AS XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS PÚBLICAS

O Concello adquiriu tarxetas criptográficas, quioscos electrónicos e un sistema de xestión da recadación municipal coa finalidade de facilitar as xestións dos veciños.

O CONCELLO DE LALÍN LICITA A RENOVACIÓN DA SÚA REDE DE ‘SWITCHING’ NA SÚA APOSTA POLA MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

A nova rede dotará ao concello de Lalín dunha infraestrutura tecnolóxica moderna e adaptada ás necesidades dunha Administración pública totalmente electrónica.